FOTOMATON

Fotomaton ON Discotecas Moviles

O fotomatón é, sen lugar a dúbidas, o elemento máis atractivo do momento. Xa sexa en vodas, comunións ou festas privadas, os teus invitados terán a posibilidade de sacarse as fotos que queiran e levalas impresas no momento, gracias á nosa impresora fotográfica de alta calidade.

A cámara profesional Canon que leva no interior, inmortalizará as vosas fotos coa calidade que se merecen.

O formato aberto do noso equipo, permite fotografiar dende parellas ata pequenos e grandes grupos. Un deseño elegante que acompañará a decoración do teu evento.

A pesares do seu sinxelo funcionamento a través da súa pantalla táctil, o fotomatón sempre irá acompañado de persoal que, ademais de dinamizar o proceso, atenderá e solucionará todas as cuestións que lle xurdan aos teus convidados.

O servizo inclúe atrezos a modo de aluguer, que farán mais divertidas e personalizables as vosas imaxes.

Ofrecemos tamén a posibilidade de confeccionar un álbum durante o servizo, o noso persoal imprime as fotos e os teus invitados teñen a oportunidade de deixarche unhas palabras.

Consulta xa o teu presuposto sen compromiso!